Ruta del Vino Rías Baixas

Adegas Terra De Asorei

Adegas Terra De Asorei

A proposta de enoturismo de Adegas Terra de Asorei é unha experiencia sostible do rural galego do século XXI. Adega familiar do Val do Salnés, que…
A Adegas Terra de Asorei propón unha experiencia sostible do rural galego do século XXI. Adega familiar do Val do Salnés, que aposta pola calidade e honestidade dos seus albariños. Cunha aposta pola sostenibilidade, simbolizada pola elaboración do seu albariño con cepas centenarias ou a recuperación de vellas vides. Contamos cunha Adega Botelleiro construída integramente en madeira galega, primeira edificación de Galiza con estas características. Estamos en San Martiño de Meis, á beira da ruta da Pedra e da Auga, ó pé do monte onde se atopa o mosteiro de Armenteira. Queremos fomentar unha vida saudable e vos invitamos a facer un recorrido polos sendeiros interiores de Terra de Asorei, onde poderán contemplar os nosos viñedos e dende un entorno aberto, a partir da nosa Eira de Asorei, visitarán a Adega de colleita, Adega de elaboración, A sala de catas Asorei, A tenda da adega e a Adega botelleiro, coa súa taberna de Asorei. E gozar do miradoiro do solpor, onde poderán desfrutar de momentos de sosego, catando os nosos albariños. Convidámosche a emocionarte cos nosos albariños.